Damos forma a túa idea

Deseño personalizado. Creamos deseños únicos para bufandas, bandeiras e máis, adaptados á túa marca ou evento. Traballa connosco para destacar cun produto de calidade e estilo único.
Fabricamos e confeccionamos desde 0
Fabricación téxtil deportiva e merchandising personalizado: bufandas, bandeiras, chaveiros, fly banners e artigos promocionais de alta calidade.
O teu logo na peza que elixas
Especialistas en téxtil promocional e roupa deportiva personalizada. Aplicamos serigrafía, sublimación, DTG/DTF e vinilo téxtil para resultados profesionais.
Imprenta e regalo promocional
Impresión de flyers, tarxetas, catálogos e merchandising corporativo. Regalos promocionais personalizados co teu logo e deseño profesional.

Quen somos

Mans do Mar

Especialistas en produtos deportivos personalizados para clubs, peñas e asociacións

Somos unha empresa con ampla traxectoria vencellada ao deporte. Contamos cun equipo de profesionais con experiencia en campos de xogo, pistas e despachos, que coñecen de preto as necesidades reais dos clubs, peñas e asociacións deportivas.

Traballamos con materiais de alta calidade e respectuosos co medio ambiente, ofrecendo o catálogo máis completo de artigos deportivos personalizados: bufandas, bandeiras, chaveiros, placas conmemorativas e moito máis.

O noso obxectivo é axudarche a converter as túas ideas en produtos reais, con asesoramento personalizado e solucións á medida. Non só che ofrecemos consello, senón tamén as claves para que escollas o mellor e o teu proxecto deportivo destaque con estilo e profesionalidade.

Como o facemos

Deseño e personalización

Fabricamos e personalizamos as túas prendas deportivas e téxtiles

En Mans do Mar fabricamos e personalizamos prendas deportivas e téxtiles ao teu gusto, con deseños propios adaptados á túa idea e ás necesidades do teu club, empresa ou asociación.

Personalizamos todo tipo de roupa deportiva e laboral, tanto de marcas recoñecidas do mercado (Nike, Adidas, Umbro, Joma, etc.) como de marcas especializadas en vestuario laboral e marcaxe téxtil (Roly, JHK, Valento, entre outras).

Traballamos con materiais de alta calidade, impresións duradeiras e técnicas actuais, para garantir un resultado profesional, único e fiel á túa identidade.

Fabricación completa
Sublimación Full Print e/ou Posicional
Serigrafía
Vinilo téxtil
Tampografía
DTG / DTF
Bordados / Tecidos
Parches
Impresión dixital (lonas, vinilos, etc...)
Grabado láser
Imprenta
Catálogo

Os nosos produtos

Clientes

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.