Cómo o facemos

Técnicas de serigrafía textil para un acabado perfecto.

Personalización téxtil e deseño a medida

En Mans do Mar transformamos as túas ideas en produtos únicos. Somos especialistas en personalización téxtil deportiva e corporativa, utilizando técnicas profesionais de sublimación full print, bordado, vinilo téxtil e moito máis.

Creamos equipacións, bufandas, bandeiras, camisetas, sudadeiras e artigos promocionais totalmente personalizados para clubs, peñas, empresas e asociacións.
O noso obxectivo é ofrecerche unha imaxe única e coherente, adaptada á túa identidade e necesidades.


Personalización completa

Deseñamos cada peza desde cero, partindo dun deseño plano e avanzando ata unha maquetación 3D que che permitirá visualizar o resultado antes da produción.
Traballamos con servizos de costura de alta calidade e impresión profesional para garantir un acabado impecable.

Técnica principal:
Sublimación completa (Full Print) – ideal para deseños integrais con cores vivas e máxima durabilidade.


Personalización posicional

A personalización posicional está pensada para téxtil promocional ou deportivo xa confeccionado. Engadimos o teu logo, nome, número ou patrocinador, adaptándonos ao tipo de tecido e acabado desexado.

Técnicas dispoñibles:

  • Sublimación posicional

  • Serigrafía

  • Vinilo téxtil

  • Tampografía

  • DTG / DTF

  • Parches

  • Impresión dixital

  • Gravado láser

  • Bordado / tecido


Servizo de imprenta e material promocional

Completamos a túa identidade visual cun servizo integral de imprenta.
Deseñamos e producimos todo o que a túa marca precisa para destacar dentro e fóra do campo:

  • Tarxetas de visita

  • Flyers e catálogos

  • Rifas e carteis

  • Packaging personalizado

  • Material promocional


Deseño e desenvolvemento de marca

Cada proxecto inclúe unha fase de asesoramento creativo e deseño de marca.
Traballamos contigo para definir o teu estilo, valores e cores, creando un produto coherente, atractivo e duradeiro que reflicta a esencia do teu club, empresa ou grupo.


Mans do Mar: personalización con alma

En Mans do Mar cremos na personalización total, na creatividade sen límites e no compromiso con cada detalle.
Axudámoste a destacar con produtos únicos que transmiten a túa paixón e identidade.

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.